O Centro de Atención ás Persoas Maiores de Ortigueira é a casa de 50 persoas maiores que aquí viven, recordan, traballan, desfrutan... Tamén veñen 10 maiores máis de luns a venres, pasar o día e compartir experiencias. Unha casa que a fai funcionar un equipo de 9 PSX, 21 xerocultoras, unha educadora social, unha terapeuta ocupacional, un psicólgo, unha enfermeira e unha traballadora social. Unha casa que está na comunidade, na vila de Ortigueira, en contacto coa súa veciñanza e tamén cos servizos que nela se prestan: cos servizos sociais municipais, co centro de saúde, co xulgado, cos centros educativos, co tecido asociativo... Unha casa con familia e amizades tamén fóra da comunidade. É unha Casa Grande.

Temos un blog moi antigo que vos convidamos a visitar no seguinte enlace: http://www.blogoteca.com/coamarea